InicioSociedadeUn profesor vigués quéixase ao Valedor do Pobo da norma de comunicarse...

Un profesor vigués quéixase ao Valedor do Pobo da norma de comunicarse en galego nos centros educativos

A Consellería de Educación, a través do xefe de servizo territorial de Inspección Educativa, lembrou a un profesor do Conservatorio de Vigo o deber de escribir as comunidades internas e externas en galego. O docente elevou a queixa ao Valedor do Pobo, cuxa titular, Milagros Otero, asinou a admisión a trámite do seu escrito.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Educación, a través do xefe de servizo territorial de Inspección Educativa, lembrou a un profesor do Conservatorio de Vigo o deber de escribir as comunicacións internas e externas en galego. O docente elevou a queixa ao Valedor do Pobo, cuxa titular, Milagros Otero, asinou a admisión a trámite do seu escrito.

Os documentos das distintas denuncias e queixas do profesor foron difundidas pola Asociación Hablamos Español, na que agora se integra Galicia Bilingüe, unha entidade que foi especialmente belixerante contra a política lingüística do bipartito e que na precampaña das autonómicas de 2009 convocou unha manifestación por este motivo que recibiu o apoio do PPdeG coa participación do que era entón número dous de Alberto Núñez Feijóo no partido, Alfonso Rueda, entre outros cargos populares.

“As comunicacións internas e externas do centro educativo deberán realizarse en galego, especialmente as referidas a a documentación pedagóxica e administrativa que deban desenvolver efectos e que teñan como destinataria a propia administración educativa”, sinala a inspección educativa, nun escrito con data do 29 de maio de 2018, no que responde á queixa formulada polo profesor do Conservatorio de Vigo, que se remonta a novembro de 2017.

Ademais, nese escrito, apunta que, se por algunha circunstancia “excepcional e debidamente xustificada” houbese que empregar o castelán como lingua oficial, “deberíase realizar a tradución pertinente”.

Máis aló das cuestións de carácter xurídico e hermenéutico, apunta, lémbralle que “é necesario seguir as instrucións que no seu momento indicoulle o inspector do centro”. Nunha comunicación posterior, reiterou estas respostas, nas que tamén lle sinalaba que as comunicacións orais “teñen a mesma eficacia administrativa que as escritas”.

Nos meses anteriores, o inspector educativo, segundo explica a asociación e se recolle nos escritos de denuncia, manifestáralle que debía realizar as comunicacións en galego.

A valedora do Pobo remitiu o pasado 8 de outubro un escrito ao profesor no que lle comunicaba que admitía a trámite a queixa e na que lle informaba de que se puxeron en comunicación coa Consellería de Educación para que respondese o prazo de 15 días á súa petición de información.

Noutro escrito o 12 de decembro, a institución comisionada do Parlamento informou o profesor de que “a consellería persistía na súa actitude de non enviar a información requirida en relación coa súa queixa, a pesar de que lla demandaron en dúas ocasións”. No caso de que seguise sen resposta, o Valedor ameazou con enviar unha “advertencia” á consellería.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...