InicioSucesosO octoxenario que raia automóbiles en Vigo, trasladado aos xulgados para declarar...

O octoxenario que raia automóbiles en Vigo, trasladado aos xulgados para declarar polos danos causados

PUBLICADO O

- Advertisement -

O veciño octoxenario denunciado en reiteradas ocasións por raiar automóbiles e danar as fechaduras de vehículos e portais foi trasladado este venres ao Xulgado do do Penal número 1 de Vigo para comparecer ante a xuíza, segundo confirmou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Os feitos producíronse tras a detención deste home realizada pola Policía Local este xoves ao redor das 15,30 horas na rúa Canario e debida unha orde ditada polo Xulgado do Penal número 1 de Vigo. Posteriormente, o home foi trasladado ao calabozo das dependencias da Policía Nacional.

Este home fora identificado e denunciado por axentes da Policía Local a semana pasada tras comprobar que raiara dous coches na rúa Reiseñor, situada no barrio da Dobrada.

Ademais, conta con máis dunha ducia de antecedentes policiais por feitos similares e consta como autor de desfeitas en máis cen de automóbiles só durante o pasado mes de xaneiro.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...