InicioSucesosInvestigan a aparición do cadáver dun veciño que presentaba trabadas do seu...

Investigan a aparición do cadáver dun veciño que presentaba trabadas do seu can

Á espera do informe da autopsia, todo apunta a que se trata dunha morte natural. "Levaba mínimo tres ou catro días morto e tiña un can na casa", algo que podería explicar a "escena desagradable".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional investiga a aparición do cadáver dun veciño de Vigo, falecido no seu domicilio aparentemente por causas naturais, e cuxo corpo presentaba varias mordeduras supostamente realizadas polo seu can.

Segundo confirmou o Comisario de Vigo, Luís Galego, a inspección ocular realizada polos axentes que acudiron á vivenda deste home, na parroquia de San Andrés de Comesaña, apunta a que a morte se produciu por causas naturais hai uns días, e non había indicios de que fose violenta.

No entanto, o corpo atopábase parcialmente mordido polo propio can da vítima, nunha “escena desagradable”, segundo apuntou o responsable policial. Por iso, engadiu, a Policía está á espera do informe de autopsia para confirmar as causas do falecemento.

“Foi unha morte natural que, por desgraza non é a primeira vez nin será última, persoas que viven soas e falecen. Este levaba mínimo tres ou catro días morto e tiña un can en casa, por iso a escena era desagradable”, explicou Luís Galego.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...