InicioEconomíaArquivada a causa por supostas irregularidades no centro tecnoloxico vigués Gradiant

Arquivada a causa por supostas irregularidades no centro tecnoloxico vigués Gradiant

O xulgado de instrución número 1 de Vigo ditou auto de sobresemento e arquivo das dilixencias abertas pola suposta comisión de irregularidades no centro tecnolóxico Gradiant, relacionadas cunha posible fraude na xestión de subvencións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 1 de Vigo ditou auto de sobresemento e arquivo das dilixencias abertas pola suposta comisión de irregularidades no centro tecnolóxico Gradiant, relacionadas cunha posible fraude na xestión de subvencións.

No marco desta instrución xudicial prestaron declaración como investigados o exdirector da Axencia Galega de Innovación Tecnolóxica, Manuel Varela; o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra e responsable da empresa InfoJC, Jorge Cebreiros; o xerente de Gradiant, F.J., e os empresarios J.L.F.C. (de Televés) e J.L.R.C. (da consultora Balidea).

As dilixencias iniciáronse por mor da denuncia de quen fora director de Gradiant até mediados de 2015, D.V.C. Segundo a devandita denuncia, cometéronse irregularidades na xustificación dos gastos por horas de traballo en determinados proxectos desenvolvidos por empresas en cooperación con Gradiant. No caso das subvencións que financiaban ditos proxectos, a denuncia alertaba de que se pagaban traballos que non se executaban realmente, ou mesmo que se percibían subvencións para accións que non levaban a cabo.

“NON HAI INFRACCIÓN PENAL”

No seu auto de sobresemento, o maxistrado sinala que, a pesar de que os rexistros evidencian que se dedicaban menos horas de traballo que as determinadas nos proxectos, a aplicación na que rexistraba esta información non era precisa. Así mesmo, recolle que o concepto ‘horas de traballo’ era un “mero criterio orientativo para realización de cada proxecto e carece de valor transcendente para xustificar as subvencións”.

Todo iso unido ao feito de que non existe resolución algunha pola que se declare o incumprimento das condicións que determinaron a concesión das axudas, levou ao xuíz a sinalar que “non consta debidamente acreditada a comisión de infracción penal algunha” e a decretar o sobresemento e arquivo das actuacións.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...