InicioSociedadeDetido un veciño de Vigo de 24 anos por unha suposta agresión...

Detido un veciño de Vigo de 24 anos por unha suposta agresión á súa parella

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, V.A.B.F., de 24 anos de idade e natural de Brasil, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, por agresión á súa parella.

Os feitos ocorreron, segundo informaron fontes policiais, na madrugada deste venres nun domicilio de cálea San Xoán. Ata alí desprazáronse efectivos do 092 requiridos pola vítima, que se atopaba fóra da vivenda esperando cando chegaron os axentes.

A muller explicou aos policías que mantivera unha forte discusión coa súa parella e que este lle propinou varios empuxóns e agarrouna fortemente polos brazos. Ademais, segundo relatou, tamén a golpeara días atrás e mostrou uns hematomas e erosións no brazo e ombreiro esquerdos.

Os axentes entrevistáronse o suposto agresor, que recoñeceu os feitos e foi detido, mentres que a muller (que trasladou a súa intención de presentar denuncia) foi evacuada ao Hospital Álvaro Cunqueiro para un recoñecemento.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...