InicioSucesosDetidas dúas menores por furtar complementos e bixutería nunha tenda de Vigo

Detidas dúas menores por furtar complementos e bixutería nunha tenda de Vigo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous menores, de 17 anos de idade e veciñas da cidade, como presuntas autoras do furto de varios complementos e bixutería dunha tenda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dúas menores, de 17 anos de idade e veciñas da cidade, como presuntas autoras do furto de varios complementos e bixutería dunha tenda.

A intervención do 091 produciuse cando os vixiantes dunha tenda observaron, a través do circuíto de vídeo-seguridade, a dúas mozas que manipulaban as alarmas de varios produtos. As mozas desprazáronse a unha zona máis apartada da tenda para ocultar os obxectos entre as súas roupas.

Tras dar aviso á Policía, unha dotación presentouse no lugar a interceptou ás menores cando se dispuñan a saír do comercio sen pagar os artigos ocultos.

Os axentes atoparon os efectos furtados entre as súas roupas e trasladaron ás mozas á Comisaría, onde se comprobou que ningunha ten antecedentes. As dilixencias foron postas a disposición da Fiscalía de Menores de Pontevedra.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...