InicioSucesosUn escape de gas no antigo Hospital Xeral de Vigo mobiliza os...

Un escape de gas no antigo Hospital Xeral de Vigo mobiliza os bombeiros

Os axentes precisaron que, pouco antes un obreiro cortara unha tubaxe de gas que aínda o subministraba cun soplete. O incidente non tivo maiores consecuencias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os bombeiros acudiron este mércores ao redor das 10,30 horas ao antigo emprazamento do Hospital Xeral de Vigo debido a unha fuga de gas.

En concreto, os bombeiros precisaron que, pouco antes do suceso, un obreiro cortara unha tubaxe de gas que aínda o subministraba cun soplete.

Respecto diso, o xefe de bombeiros explicou que non se produciu un suceso de maior magnitude probablemente debido a que había unha maior cantidade de gas que de osíxeno no lugar.

Pola súa banda, o encargado da obra de demolición do edificio sinalou que, anteriormente, outras dúas compañías levaran a cabo actuacións de desmantelamento da subministración e de modificación de condución de subministracións.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...