InicioSociedadeNova detención por un presunto delito de violencia de xénero en Vigo

Nova detención por un presunto delito de violencia de xénero en Vigo

Un home de 39 anos foi identificado logo de que a súa parella pedira axuda a un home que pasaba pola rúa. Declarou ter sido agredida logo dunha discusión no domicilio familiar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home vigués de 39 anos, J.M.S.X., foi detido este martes na cidade olívica como presunto autor dun delito de violencia de xénero contra a súa parella, de 34 anos, no transcurso dunha discusión.

Segundo informou a Policía Local de Vigo a través dun comunicado, os feitos tiveron lugar arredor das 8.50 horas deste martes, cando os axentes se desprazaron á Avenida de Galicia, onde un home auxiliaba a unha muller que atopara na rúa, chorando e camiñando descalza.

Tras ser comisionados pola Central de Información e Mando, os funcionarios entrevistáronse co requirente, quen detallou que a vítima lle solicitou axuda. Pola súa banda, a moza comunicou aos axentes que os supostos feitos tiveran lugar no domicilio familiar pouco antes, durante unha discusión coa súa parella.

En concreto, a vítima detallou que as agresións se produciron cando, ante unha actitude cada vez máis agresiva de J.M.S.G, ela tentou abandonar a vivenda.

Posteriormente, tras comprobar as lesións sufridas pola muller, os policías localizaron ao suposto agresor na súa residencia, onde foi detido. Mentres, a vítima foi trasladada a un centro hospitalario.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...