InicioSociedadeA Xunta sitúa ao IES de Teis como "referente" en Informática e...

A Xunta sitúa ao IES de Teis como “referente” en Informática e Imaxe Persoal

Este centro conta xan con máis de 1.000 estudantes matriculados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, destacou que o IES de Teis é un “referente” na oferta de ensinos profesionais de Informática e comunicacións e de Imaxe Persoal, tanto de grao medio como superior e de FP Básica.

Carmen Pomar, visitou este mércores o IES de Teis, en Vigo, para comprobar as obras de ampliación acometidas no centro, que supuxeron un investimento de 1,6 millóns de euros por parte do seu departamento, e explicou que este instituto aglutina a práctica totalidade dos ciclos existentes en Galicia en Informática e Imaxe Persoal.

A ampliación das instalacións, segundo trasladou Educación, foi deseñada co obxecto de dar resposta ás necesidades de crecemento que está a experimentar a FP, coa implantación da FP Básica e dos ciclos formativos de 2.000 horas.

Pomar celebrou que o IES de Teis, con máis de 1.000 alumnos matriculados, participe en programas educativos impulsados pola consellería, así como a súa incorporación ao proxecto ‘E-dixgal’ e a participación nos ‘Plans Proxecta’, nos ‘Contratos-Programa’ e no ‘Erasmus+’.

Na súa visita a Vigo, a conselleira tamén anunciou que o seu departamento ten programado investir medio millón de euros para dotar dun pavillón e de talleres ao CIFP Manuel Antonio, onde tamén se imparten cursos de FP.

ÚLTIMAS

Caballero insiste sobre a AP-9: “Toda a autoestrada ten que ser gratis”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores a sentenza do Tribunal Supremo...

O TS condena a Audasa a abonar as peaxes cobradas aos coches sinestrados durante as obras na ponte de Rande

O Tribunal Supremo condenou a Audasa, concesionaria da autoestrada AP-9, a abonar parte das...

Deteñen un home por vender droga nas inmediacións de centros educativos

A Policía Nacional detivo a un home en Redondela pola venda de sustancias estupefacientes...

Condenan por intrusismo a un falso médico que traballou nas Urxencias do Álvaro Cunqueiro, en Adeslas e Fátima

Pablo Alborés Cabaniña, coñecido en Vigo por ser o primeiro director da Fundación Porto...