InicioSociedadeOs atractivos turísticos de Vigo, a exame: mar e monte, Cíes, os...

Os atractivos turísticos de Vigo, a exame: mar e monte, Cíes, os museos, a gastronomía…

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentará este xoves en Fitur a oferta turística da cidade, baixo a lema 'Vigo sen límites', e coa iluminación do Nadal como "produto estrela", segundo avanzou en rolda de prensa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentará este xoves en Fitur a oferta turística da cidade, baixo a lema ‘Vigo sen límites’, e coa iluminación do Nadal como “produto estrela”, segundo avanzou en rolda de prensa.

O rexedor olívico celebrou que a cidade “está de moda no ámbito turístico” tras o “éxito incuestionable” da iluminación de Nadal, e apostou por aproveitar a repercusión desa campaña, que converteu a Vigo “nun dos destinos turísticos preferentes de inverno”.

Segundo explicou, ademais dese atractivo, o goberno local levará a Fitur outras citas como o Entroido, que este ano será “máis soado” e contará con “dous grandes concertos”; a celebración da Reconquista; ou as festas de verán que, na súa edición de 2019, terá 11 concertos, dous deles de “rango mundial”.

A oferta de Vigo completarase coa posta en valor do binomio mar-monte, é dicir, “a ruta dos parques forestais unida ao atractivo da ría”; coa promoción de Cíes como candidata a Patrimonio da Humanidade; o impulso ao turismo industrial; a ruta das medianeiras; ou a rede de museos municipais. A todo iso sumarase a oferta de “a mellor gastronomía do mundo”.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...