InicioSucesosDetidos dous mozos, un deles con 34 antecedentes, por roubos no Cunqueiro...

Detidos dous mozos, un deles con 34 antecedentes, por roubos no Cunqueiro cun valor total de 1500 euros

Agardaban o nacemento do fillo dun deles.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a dous homes de 19 e 20 anos de idade, ambos de nacionalidade española e con domicilio nos municipios pontevedreses de Poio e Redondela respectivamente, como responsables dun delito de roubo con forza na capela do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo.

Os feitos iniciáronse o pasado día 9 de xaneiro, cando unha chamada do servizo de seguridade do HAC informou á Policía de que recibiran queixas de varios pacientes que atoparan a dous mozos dentro da súa habitación.

Unha dotación dirixiuse ao hospital e, tras entrevistarse cos vixiantes, procederon a identificar a ambos os individuos, así como a realizarlles un cacheo preventivo de seguridade.

Ao non atoparlles nada lles advertiron sobre a súa conduta e indicáronlles que debían permanecer na área de maternidade, onde se atopaba a parella dun deles pendente de dar a luz.

Dúas horas máis tarde a Policía Nacional recibiu outra chamada do servizo de seguridade do hospital vigués na que lles informaban de que viran a través do circuíto pechado de televisión a estes dous homes entrar e saír de varias habitacións.

A patrulla volveu ao lugar e, tras interceptalos, realizoulles un cacheo de seguridade no que lles interviñeron case 400 euros en efectivo e varios cartóns prepago de televisión, que lles foron incautados.

á primeira hora da mañá do día seguinte o párroco da capela manifestou á Policía que, no transcurso da noite, roubaran un Sagrario de metal que contiña un Copón e unha Teca dun valor superior aos 1.000 euros.

Os policías non detectaron a presenza destes obxectos eclesiásticos no mercado ilícito, polo que decidiron realizar unha ampla comprobación polas inmediacións do centro hospitalario, localizando os obxectos nunha zona próxima.

Para ese momento a Policía xa tiña plenamente identificados aos autores do roubo, que eran os mesmos que a patrulla policial identificara a mesma noite do roubo por merodear polas habitacións.

A última hora da mañá do pasado 10 de xaneiro a Policía detivo a estes dous mozos e  trasladounos ás dependencias policiais, onde se lles tomou declaración.

Posteriormente, segundo o relato policial, comprobouse que ambos os detidos contaban con antecedentes policiais anteriores, sendo rechamante o feito de que un deles xa contaba con 34 previos, a pesar da súa mocidade.

Na investigación participou o grupo de Policía Xudicial da Comisaría de Distrito Travesas, da Policía Nacional de Vigo-Redondela. Os detidos pasaron a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Vigo.

ÚLTIMAS

A Xunta tomará “as accións necesarias” e non descarta a vía xudicial para defender o centro de asociacionismo olívico

A Xunta de Galicia emprendará "as accións necesarias" e non descarta a vía xudicial para defender...

A xuíza denega citar á concelleira de Festas polo accidente mortal de Matamá

A xuíza volveu denegar a citación da concelleira de Festas do Concello de Vigo, Patricia...

A A-55 rexistra dúas colisións múltiples en Mos, unha delas con tres feridos leves

A A-55 (Vigo-Tui), ao seu paso por Mos (Pontevedra), rexistrou este venres dúas colisións...

O PP de Vigo pide explicacións pola “desaparición” do Festival Terraceo

O grupo municipal do PP de Vigo pediu explicacións pola desaparición do Festival Terraceo da...