InicioSucesosDetido un condutor que chocou cun coche policial ao circular baixo os...

Detido un condutor que chocou cun coche policial ao circular baixo os efectos do alcol

Tamén se identificou outro home sobre o que pesaba unha orde de busca e detención en Bilbao.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo a F.B.G., home de 20 anos de idade, nacido e domiciliado en Vigo, por un suposto delito contra a seguridade viaria, tras evadir o alto policial con condución temeraria e por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas.

Os feitos sucederon na madrugada do pasado sábado sobre as 00,50 horas cando unha patrulla que circulaba pola Praza de Compostela observou como o condutor dun turismo da marca Renault Clio circulaba a gran velocidade por esta praza en sentido Colón.

Así, no punto no que esta vía obriga a virar en dirección cara a rúa Reconquista, o vehículo continuou de fronte varios metros por dirección prohibida e, de xeito repentino, realizou unha manobra brusca de derrape coma se o condutor tirase do freo de man.

Acto seguido, segundo o relato policial, o condutor deu marcha atrás pola Praza de Compostela ata chocar co vehículo policial, que se atopaba na parte traseira e procedía a darlle o alto. No momento da identificación do condutor, os axentes verificaron que en dito turismo ían catro mozos, incluído o condutor, de idades comprendidas entre os 19 e 20 añosde idade.

A continuación realizáronlle a proba preceptiva de determinación do grao de impregnación alcohólica ao condutor, que deu un resultado positivo de 0,71 mg/l de alcol por litro de aire expirado en ambas as probas.

Finalmente, os policías procederon á medición da pegada de freada ocasionada na vía pública polo Renault Clio, que alcanzou unha lonxitude de 17,4 metros. E por todo iso procederon á detención do condutor.

OUTRA DETENCIÓN

A Policía Local tamén detivo R.A.D.M., home de 29 anos de idade, nacido en Chile e domiciliado en Vigo, porque sobre el pesaba unha orde de busca e detención do Xulgado do Penal número 7 de Bilbao.

A detención produciuse ás 13,00 horas do pasado sábado, cando uns policías que se atopaban realizando funcións de prevención pola rúa Celso Emilio Ferreiro, procederon a identificar ao agora detido.

Consultados os servizos informáticos da Dirección Xeral de Policía, comprobaron que sobre o pesaba esa orde por un suposto delito contra a seguridade do tráfico, polo que procederon á súa detención.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...