InicioSociedadeO PP denuncia unha "trama socialista organizada" para "colocar amigos e familiares"

O PP denuncia unha “trama socialista organizada” para “colocar amigos e familiares”

Os populares de Vigo xustificou a súa afirmación botando man do xuízo que se celebrará polo suposto 'enchufe' dunha cuñada de Carmela Silva.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo vinculou o xuízo que se celebrará esta semana polo suposto ‘enchufe’ dunha cuñada de Carmela Silva coa existencia dunha “trama socialista organizada” para “colocar familiares” desde o goberno local.

Así o manifestou, en declaracións aos medios, o edil Miguel Fidalgo, quen proclamou que “xa todo Vigo e toda a provincia saben que colocaron á cuñada de Carmela Silva“, en alusión a un xuízo que se celebrará na Audiencia de Pontevedra e no que están acusados un alto funcionario do Concello olívico (para quen a Fiscalía pide 8 anos de cárcere) e o xerente dunha concesionaria.

Fidalgo sinalou que ese suposto ‘enchufe’ custou aos cidadáns “máis de 128.000 euros”, e aseverou que esta forma de actuar forma parte dunha “trama organizada do PSOE de Vigo para colocar a amigos e familiares”. Así mesmo, estendeu as críticas a outras prácticas como “contratos a dedo, fraccionamiento de contratos ou sombras de dúbida sobre as oposicións a bombeiro”.

Por iso, o concelleiro do PP proclamou que “Vigo necesita un cambio”, que pasa por “abrir fiestras e levantar alfombras”, e que ese cambio “pode chegar nas eleccións de maio”. Segundo incidiu, debe haber “responsabilidades” políticas polo suposto ‘enchufe’ que se vai a xulgar, xa que o alcalde, Abel Caballero, “usa a cidade coma se fose a súa empresa”.

Cuestionado acerca destas manifestacións, o rexedor vigués limitouse a proclamar que “a esta cidade, o que diga o señor Fidalgo dálle exactamente igual”, e constatou que “a deterioración política” deste edil do PP é “visible”.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...