InicioSucesos22 anos de cárcere a un adestrador por abusar sexualmente de futbolistas...

22 anos de cárcere a un adestrador por abusar sexualmente de futbolistas de 16 anos e elaborar pornografía infantil

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condenou a catro anos máis de prisión ao exentrenador dun equipo de fútbol sala feminino que fora sentenciado pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condenou a catro anos máis de prisión ao exentrenador dun equipo de fútbol sala feminino que fora sentenciado pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, a 18 anos e nove meses de cárcere, e que finalmente terá que cumprir un total de 22 anos e nove meses.

Ao acusado pedíanselle 18 anos e nove meses de prisión como autor dun delito continuado de abusos sexuais con acceso carnal a menor de 16 anos, dun delito continuado de elaboración de pornografía infantil sobre menor de 16 anos e doutro delito de exhibición de material pornográfico entre menores de idade.

A Sala do Civil e Penal do TSXG, que estimou o recurso presentado pola Fiscalía, considera á súa vez ao exentrenador culpable dun delito de abuso sexual sobre outra xogadora do equipo, tamén menor de 16 anos.

Por este delito, do que fora absolto pola Audiencia, o alto tribunal galego imponlle catro anos de prisión. O procesado, xa que logo, foi sentenciado a un total de 22 anos e nove meses de cárcere.

O TSXG considera que a absolución respecto dese delito no fallo da sección quinta é “indebida” e destaca a súa “incongruencia” respecto ao relato de feitos probados da sentenza, na que a Audiencia sostén que o condenado, cando se atopaba no seu vehículo coas dúas menores, á segunda vítima “pasoulle a man pola coxa esquerda con intención de tocarlle o cu e os órganos xenitais”.

O alto tribunal galego destaca no seu fallo que “a incongruencia non pode ser máis obvia” porque a Audiencia describe “un abuso consumado”, pero o cualifica como “falta de vexacións leves”.

Neste caso o TSXG desestimou o recurso interposto polo exentrenador, que argumentaba un descoñecemento da lei. A este respecto os maxistrados destacan que, con independencia de cal fose a data exacta do inicio das relacións coa menor, “sen dúbida gran parte delas tiveron lugar cando a legalidade vixente era a actual e considerábase delituoso o abuso sexual a menores de 16 anos e non só a menores de 13 anos como estableceu o Código Penal ata 2015”.

Os xuíces consideran acreditado que a finais de xaneiro de 2016, cando o procesado tiña 37 anos, empezou a manter relacións sexuais consentidas cunha menor que tiña 14 anos e acababa de empezar a xogar no equipo de fútbol que dirixía. O tribunal indica que a vítima accedeu a enviarlle en numerosas ocasións fotografías e vídeos dela espida e en actitude sexual.

Por outra banda, este exentrenador tamén foi condenado a 21 anos de liberdade vixiada unha vez que salga de prisión. A medida consiste na prohibición de acudir a eventos, espectáculos públicos, privados ou deportivos, recintos ou acontecementos públicos ou deportivos destinados a menores de idade; e a prohibición de levar a cabo actividades de carácter laboral, participativo, lúdico ou deportivo nas que interveñan menores.

Esta medida tamén inclúe a prohibición de aproximarse aos recintos nos que se estean levando a cabo tales espectáculos ou eventos a unha distancia inferior de 500 metros. Ademais, o acusado deberá someterse a un programa de educación sexual.

Segundo o fallo, o procesado, que é reincidente, foi inhabilitado para calquera profesión ou oficio, sexa ou non retribuído, que leve contacto regular e directo con menores de idade por un tempo superior en 35 anos ao da duración da pena de prisión imposta polo alto tribunal galego.

Contra esta sentenza ditada polo TSXG cabe interpor recurso de casación ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo.

ÚLTIMAS

A Xunta asina un novo contratro con Povisa para atender a 195 millóns de euros por dous anos

A Xunta de Galicia autorizou este venres o contrato co Hospital Povisa para a...

O ‘stolpersteine’ de Jaime, asasinado en Mauthausen. Cando a memoria tropeza coa pedra da historia

O Concello de Nigrán colocou este xoves un 'Stolpersteine' en memoria de Jaime Martínez...

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...