InicioEconomíaEuropa estuda incluír a vía ferroviaria Vigo-Oporto na rede básica de transporte...

Europa estuda incluír a vía ferroviaria Vigo-Oporto na rede básica de transporte europeo

Segundo informa a Xunta, a Comisión Europea remitiu un escrito en resposta á proposta aprobada no Parlamento Galego. De mudar a consideración actual -rede global-, adiantaríase 20 anos a data límite de finalización das infraestruturas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Comisión Europea (CE) tomou nota da demanda galega de incluír a conexión ferroviaria Vigo- Oporto na rede básica da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T).

Así llo trasladou nunha misiva a comisaria europea de Transporte, Violeta Bulc, ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

Diso informou a Xunta nun comunicado, no que explica que a responsable europea enviou esta comunicación en resposta á proposición aprobada no Parlamento de Galicia a finais de outubro. Nela solicitábase a inclusión desta conexión como parte da rede básica da RTE-T.

Segundo sinalou o Executivo autonómico, Bulc destaca que o desenvolvemento das conexións transfronteirizas permite unha maior integración dos países veciños, como no caso concreto de España e Portugal. Por iso, conforme indica a Xunta, a próxima revisión da RTE-T, prevista para 2023, pode servir de oportunidade aos Estados membros afectados para que aborden esta conexión. De feito, a comisaria anuncia na súa carta que xa se iniciaron os traballos preparatorios para a revisión.

CONEXIÓN VIGO-OPORTO

A Xunta explicou que a vía férrea que une os portos de Oporto e Vigo (transporte de mercancías), así como os aeroportos de ambas cidades (transporte de pasaxeiros), está recollida no mapa da Rede Transeuropea de Transporte como parte da rede global ou secundaria. É dicir, forma parte das infraestruturas que deberían estar completadas no ano 2050, e non como parte da rede básica, cuxa execución se fixa para 2030.

Por este motivo, conforme sinalou o Executivo autonómico, tampouco se atopa dentro do Corredor Atlántico, un dos nove corredores multimodais definidos en 2013 a partir de tramos pertencentes exclusivamente á rede básica.

Con todo, no novo regulamento do Mecanismo Conectar Europea que está a debate, esta conexión goza dunha atención especial ao ser designada como unha das 25 seccións transfronteirizas da rede global predeterminadas para recibir financiamento e un dos dous enlaces escollidos no Atlántico para establecer de forma prioritaria un “corredor 5G”.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...