InicioSociedadeA 'realidade aumentada' é o futuro: do Pokemon Go ao novo proxecto...

A ‘realidade aumentada’ é o futuro: do Pokemon Go ao novo proxecto da UVigo para poñer en valor as árbores

A Universidade de Vigo presentou este xoves a 'ruta do arboreto' do Campus de Pontevedra, deseñada no marco do proxecto 'Green Campus', co propósito de dar a coñecer, a través paneis informativos instalados no percorrido e dunha aplicación informática, as árbores presentes no espazo académico da Xunqueira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo presentou este xoves a ‘ruta do arboreto’ do Campus de Pontevedra, deseñada no marco do proxecto ‘Green Campus’, co propósito de dar a coñecer, a través paneis informativos instalados no percorrido e dunha aplicación informática, as árbores presentes no espazo académico da Xunqueira.

Trátase dun percorrido de dous quilómetros polo campus que, a través dunha base de datos en Google Maps, permite ir identificando e coñecendo as características dos 362 árbores presentes nas diferentes parcelas na Xunqueira, pertencentes a 54 especies de 28 familias distintas.

Todos e cada un dos 362 árbores contan cunha ficha na base de datos á que pode accederse a través dos códigos QR dos paneis, e que permite obter información como o nome científico e os nomes comúns en galego e castelán, á familia ou grupo ao que pertence e a rexión de orixe de cada exemplar.

Así mesmo, esta base de datos tamén permite clasificar estas árbores segundo a súa clase (coníferas ou frondosas) e á familia á que pertencen e complétase cunha serie de fotografías 360º de diferentes puntos do campus así como coa xeolocalización de diferentes servizos.

Na presentación desta ruta, o vicerreitor do campus, Jorge Soto, destacou a “vinculación do campus co medio ambiente, a sustentabilidade e os espazos verdes”. Ademais, resaltou que esta iniciativa pon o foco en buscar “a implicación da comunidade universitaria coa realidade da sustentabilidade”.

Nese mesmo sentido, o director do ‘Green Campus’, Carlos Souto, recordou que a distinción outorgada ao campus pontevedrés pola Foundation for Environmental Education, a través da ADEAC, obriga a ser “un pouco pioneiros na defensa do medio ambiente e da educación ambiental”.

Por parte da Vicerrectoría trabállase actualmente na elaboración dunha unidade didáctica que permita que esta ruta poida servir tamén como ferramenta educativa para escolares.

Xunto aos responsables da Vicerrectoría, esta presentación contou coa participación do director da Escola de Enxeñería Forestal, Juan Picos, e do técnico da escola que coordinou o proxecto, Luís Torres, así como do alumno do centro que, ao amparo da bolsa ‘Green Campus’, levou a cabo este proxecto, Emilio Igrexas.

Pola súa banda, Juan Picos fixo fincapé en que “o máis importante deste proxecto é que permite pór en valor algo que xa tiñamos”. Así, engadiu que “o esforzo en comunicar o que temos e que se cadra a xente non coñece, que os propios xardíns do campus sexan no fondo unha infraestrutura formativa, é o máis bonito deste proxecto“, afirmou.

ÚLTIMAS

Xulgan un home en Vigo por estafar a un amigo cun falso alugueiro

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o vindeiro martes un...

Ecoloxistas alertan dos danos e contamianción a ría tras o apagamento da EDAR de Vigo

As organizacións Amigas dá Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace denunciaron este venres os danos ocasionados á...

Caballero anuncia unha reunión coa RFEF ante o “escándalo” das sedes do mundial: “Esiximos toda a información”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o luns 12 de maio reunirase...

Dous veciños de Vigo detidos por presuntas ameazas ás súas respectivas nais septuaxenarias

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron nas últimas horas a dous veciños da...