InicioSociedadeSuspendido por ausencia de testemuñas o xuízo por estafas bancarias en Internet

Suspendido por ausencia de testemuñas o xuízo por estafas bancarias en Internet

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xuízo por estafa que estaba previsto para as 10,00 horas deste mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, quedou suspendido pola ausencia de dúas testemuñas.

A sala programou a vista para o próximo día 21 de marzo ás 10,00 horas e aceptou a renuncia das partes á testifical dun dos ausentes e a nova citación do outra testemuña que non se presentou este mércores. Neste caso, a Fiscalía solicita catro anos e medio de prisión para un acusado de ofrecer produtos financeiros a través dunha entidade bancaria electrónica ficticia.

O Ministerio público esixe que o acusado indemnice aos afectados con 58.617 euros polas cantidades que transferiron ao seu favor e non recuperaron. O caso procede do Xulgado de Instrución número 2 de Vigo.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...