InicioSociedadeO alcalde vigués comproba in situ o colapso das urxencias do Cunqueiro...

O alcalde vigués comproba in situ o colapso das urxencias do Cunqueiro e a “calamidade das instalacións”

"Padiolas polos corredores e nas salas de espera. Non había cadeiras para mover aos pacientes de urxencias e os acompañantes de pacientes non tiñan unha cadeira na que sentar", denuncia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou de “desastre” o estado do servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) e criticou que o pasado luns estaba “colapsado” a pesar de non haber “ningunha epidemia importante”.

Abel Caballero explicou este martes que acudiu de acompañante ás urxencias do HAC e que puido constatar a “calamidade das instalacións” e o “esforzo” de todo o persoal sanitario.  “Padiolas polos corredores e nas salas de espera. Non había cadeiras para mover aos pacientes de urxencias e os acompañantes de pacientes non tiñan unha cadeira na que sentar”, relatou o rexedor vigués.

Ante a súa experiencia no HAC, Caballero instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a que acuda a ver en por si a situación. “O señor Feijóo ten que vir a Vigo e explicar isto, porque onte non era un día de pico de gripe. Era un luns de actividade importante pero un luns, sen ningunha epidemia importante”, manifestou o alcalde.

Quero felicitar ao persoal polo seu traballo e dedicación, polo seu esforzo. Pero non é soportable nin tolerable que un hospital de dous anos e medio, ao que a Xunta paga a unha empresa centos e centos de millóns de euros, estea nestas condicións”, incidiu Caballero.

Para rematar, o alcalde sostivo que o presidente da Xunta estivo o pasado luns no HAC “pero non dixo nada”. “Tiña que baixar ás urxencias e ver aquilo. Ver as urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo colapsadas”, salientou Caballero.

ÚLTIMAS

Aparece con vida e a 400 metros da súa casa o home desaparecido o luns no Porriño

Un veciño de 67 anos que faltaba do seu domicilio desde o mediodía do...

Caballero saca peito e presume de xestión: “Se hoxe houbese eleccións subiriamos 2 concelleiros e gañariamos a Deputación”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presumiu este martes de liderado municipal, e vaticinou:...

Abel Caballero acende “as luces de Nadal de todo o planeta”: Vigo estreará o seu espectáculo o 15 de novembro

A iluminación do Nadal de Vigo acenderase o próximo 15 de novembro, segundo desvelou...

O PP de Vigo contraataca con 39 enmendas para que os orzamentos sexan “realistas” e non “publicitarios”

O grupo municipal do PP rexistrou 39 emendas aos orzamentos de Vigo para 2026,...