InicioSucesosInvestigado un condutor sen carné que deu positivo en alcol

Investigado un condutor sen carné que deu positivo en alcol

Esta madrugada detívose tamén outro home que tamén presentou síntomas de substancias alcólicas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo iniciou dilixencias xudiciais contra un home que circulaba de forma sospeitosa e deu positivo en alcol, ademais de carecer de permiso de circulación. Investígaselle por dous supostos delitos contra a seguridade viaria.

Unha patrulla deulle o alto a un vehículo da marca Opel Corsa esta madrugada, ás 00,50 horas, na rúa Jacinto Benavente, porque circulaba de forma moi lenta polo seu carril. O condutor fixo caso omiso e foi interceptado polo coche policial.

Ao ser requirido para a súa identificación, comprobouse que se trataba dun varón de 56 anos de idade, nacido en Madrid e domiciliado en Vigo. Os axentes certificaron que presentaba claros e evidentes síntomas de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas.

A proba preceptiva de determinación do grao de impregnación alcohólica arroxou un resultado positivo de 1,37 mg/l de alcol por litro de aire expirado na primeira proba e 1,27 na segunda. A continuación, os axentes comprobaron que carecía de permiso de conducir, polo que foi encartado en dilixencias xudiciais en calidade de investigado por dous presuntos delitos contra a seguridade viaria.

POSITIVO EN ALCOL

Por outra banda, esta mesma madrugada, pasadas as 5,00 horas, unha patrulla deu o alto ao condutor dun turismo tras unha infracción de tráfico na confluencia das rúas Eduardo Iglesias con Progreso, agora investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria por atoparse baixo os efectos do alcol.

O investigado é un mozo de 22 anos de idade cuxa proba preceptiva de determinación do grao de impregnación alcohólica arroxou un resultado positivo de 0,73 mg/l de alcol por litro de aire expirado en ambas as probas.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...