InicioVigo e contornaVigoMarea defenderá a "responsabilidade compartida" entre o Concello e o Porto no...

Marea defenderá a “responsabilidade compartida” entre o Concello e o Porto no accidente do Marisquiño

Rubén Pérez Correa sinalará directamente o Goberno municipal por "incumprir" os "plans de urxencia" e pedirá o cesamento do presidente da Autoridade Portuaria. Farao na comisión de investigación sobre o ocorrido no festival vigués de música urbana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, avanzou este luns que defenderá que existe unha “responsabilidade compartida” entre o Concello e o Porto no accidente ocorrido no festival O Marisquiño. Así o expresará ante a comisión de investigación do Parlamento de Galicia.

Pérez Correa está citado este martes no Parlamento galego,  igual que a portavoz do PP de Vigo, Elena Muñoz. O voceiro de Marea sostivo que tanto o Porto de Vigo, como o Concello e a Zona Franca “emitiron a súa autorización” para que o festival de cultura urbana se celebrase. Con todo, apuntou a unha “responsabilidade compartida” que deixa fóra a esta última institución.

“Imos pór encima da mesa a irresponsabilidade do alcalde e do presidente do Porto”, aseverou Pérez Correa, que destacou que “os grandes agraviados neste asunto son os organizadores do evento”.

“É evidente que esa zona que colapsou forma parte do aproveitamento náutico-deportivo, polo tanto non é unha zona que estea dentro da integración Porto-cidade“, manifestou Pérez Correa, quen engadiu que este extremo “está claro na delimitación de usos portuarios”.

Neste sentido, en canto á infraestrutura, Marea de Vigo responsabilizou á Autoridade Portuaria presidida por Enrique López Veiga, de quen pediron o seu “cesamento inmediato” pola “irresponsabilidade política” e a “arbitrariedade das súas declaracións” tras o accidente.

En canto á responsabilidade do Concello de Vigo, segundo considerou o portavoz de Marea, radica no “plan de urxencias”. Pérez Correa asegurou que nunca se tivo ao Marisquiño como un evento de risco” e que se “incumpriron de forma reiterada” os plans de urxencias e a “coordinación” coa Axencia Galega de Emerxencias, como así manifestou o seu director ante a comisión de investigación.

“Os responsables de Seguridade de Vigo terán que explicar moito”, comentou o portavoz municipal de Marea, que ademais criticou que se estea instando os funcionarios municipais a non acudir a declarar ao Parlamento. “Non entendemos como un secretario municipal lles recomenda aos funcionarios non acudir, cando sabe que iso significa violar un artigo do Código Penal”, apuntou.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...