InicioSociedadeDetido un vigués por violencia de xénero tras unha discusión "moi violenta"...

Detido un vigués por violencia de xénero tras unha discusión “moi violenta” coa súa parella

A muller díxolle a Policía que o home tentara afogala.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo na madrugada deste xoves a un home de 46 anos de idade, nacido e domiciliado en Vigo por un suposto delito de violencia de xénero logo de escoitar unha discusión “moi violenta”.

Unha dotación policial acudiu pasadas as 3,00 horas deste xoves a un piso de Rúa Conde de Torrecedeira, onde supostamente unha veciña escoitaba desde a súa vivenda como unha muller pedía auxilio.

Os axentes puideron escoitar a través da porta do domicilio como no interior unha parella discutía de forma “moi violenta” xa que unha muller pedía que lle deixase de pegar, suplicando que lle abrise a porta, pois ela non dispuña de chaves, segundo trasladou a Policía Local.

Cando o home abriu a porta ela puido saír e atopouse cos policías, a quen comunicou que momentos antes, no transcurso dunha discusión coa súa parella, este agarrouna do pescozo golpeándolle a cara, para a continuación agarrala do pelo e tirala contra a parede.

A presunta vítima relatou aos axentes que terminou no chan e que el se puxo encima dela e intentou cortarlle a respiración á vez que lle manifestou que se chamaba á Policía cortaríalle o pescozo ao fillo dela –un menor de sete anos de idade, froito dunha relación anterior–.

Ademais, a muller, que foi atendida no lugar por unha ambulancia, explicou aos policías que non era a primeira vez que sucedían feitos similares e que chegou a denunciar á súa parella nunha ocasión, aínda que, despois retirou a denuncia.

ÚLTIMAS

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...