InicioEconomíaPersoal de Lugove-Subus concéntrase contra a "explotación" e os "constantes" incumprimentos laborais

Persoal de Lugove-Subus concéntrase contra a “explotación” e os “constantes” incumprimentos laborais

A CIG tamén lembrou que a concesión de Lugove está en situación de prórroga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores da empresa Lugove-Subus, concesionaria do transporte en autobús no Baixo Miño e o Val Miñor, concentráronse este venres en Vigo, na terceira xornada de folga convocada contra a “explotación” e os “constantes” incumprimentos laborais por parte da empresa. Segundo informou a CIG, as protestas trasladáronse á cidade olívica (á estación de buses e á delegación territorial da Xunta) e o persoal critica que Lugove “segue sen porse en contacto co comité nin tenta chegar a acordos para resolver as numerosas problemáticas denunciadas”. De feito, o comité non descarta chegar á folga indefinida, tras as mobilizacións deste venres e dos pasados 7 e 14 de agosto.

O presidente do órgano de representación dos traballadores, Anxo Taboada (CIG), lamentou que o único movemento da empresa foi a través dos medios, para asegurar que ten un compromiso claro coa mobilidade e a seguridade dos usuarios e os traballadores. “Unha afirmación claramente hipócrita e cínica, tendo en conta que non están a facer nada para acabar con esta situación”, que a Xunta “lle permite”. Segundo advertiu, o persoal leva anos denunciado irregularidades en materia laboral (como as xornadas de ata 15 horas, o incumprimento dos descansos ou deficiencias de mantemento e limpeza, que xa foron sancionados pola Inspección de Traballo), e en medidas de seguridade e mantemento da frota, o que “deriva nun incremento das baixas” e en “incidencias habituais”. A todo isto, súmase un empeoramento da calidade do servizo, con horarios que non se cumpren ou viaxeiros que deben ir de pé no bus.

Taboada tamén lembrou que a concesión de Lugove está en situación de prórroga, porque a Xunta lle rescindiu o contrato e estase tramitando unha nova licitación. Por iso, o comité reclama á Xunta “que vele polos dereitos e a seguridade das persoas traballadoras e das persoas usuarias”.

ÚLTIMAS

A irmá de Humberto Baena pide a Caballero unha homenaxe oficial en Vigo

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena, un dos últimos fusilados pola ditadura...

A Xustiza dá a razón aos feirantes do Porriño e anula parte das bases das festas do Cristo: outro ano sen atraccións

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra estimou parcialmente un recurso interposto pola...

Prisión para un home que ameazou cunha arma a unha muller e aos seus fillos na área de Vigo

A Garda Civil detivo na área de Vigo un home de 43 anos por...

Tres feridos leves nun accidente na Gran Vía de Vigo que terminou cun coche envorcado

Tres persoas sufriron feridas leves na noite deste domingo despois dun accidente entre dous...