InicioPolíticaO PP acusa ao Concello de Vigo de "maltratar aos turistas" por...

O PP acusa ao Concello de Vigo de “maltratar aos turistas” por non reabrir a oficina turística municipal do centro

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo reclamou a reapertudra da oficina municipal de turismo do centro da cidade, “para atender aos visitantes como se merecen e mellorar a imaxe que reciben”, e lembrou que actualmente os turistas deben acudir á oficina da lonxa do Concello, aberta só polas mañás.

Nun comunicado, o grupo ‘popular’ a sinalado que a oficina do centro, situada na rúa López de Neira, pechou hai case un ano, e “é un despropósito e o mellor exemplo de como non se debe recibir a un visitante”. Así o trasladou o concelleiro Miguel Martín, que lembrou que o alcalde presume de que Vigo é un “referente turístico”, pero o goberno local non achegou ningunha solución ou alternativa tras o peche da oficina de López de Neira.

“Once meses despois do peche do punto información de López de Neira, este goberno municipal segue maltratando ao turista obrigándoo a perder boa parte do seu tempo subindo ata o concello, onde o señor Caballero decidiu esconder a oficina”, subliñou. Tras lamentar que, a piques de finalizar agosto, o Concello foi “incapaz” de abrir unhas novas dependencias para atender aos turistas, preguntouse: “Seica unha potencia turística de verdade tería pechada a súa oficina de turismo? En serio que Vigo non pode ter unha oficina turística na contorna de Pórtaa do Sol para recibir e atender como se debe ao turista? É esa a imaxe que queremos dar como cidade acolledora?”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda en Vigo manterase de forma “indefinida” pese ao desaloxo da protesta en Madrid

A acampada pola vivenda en Vigo manterase de forma "indefinida" malia o desaloxo, levado...

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...