InicioSociedadeMantense a prohibición de baño na praia da Punta tras unha nova...

Mantense a prohibición de baño na praia da Punta tras unha nova analítica

Despois de que o pasado mércores o goberno local desaconsellase meterse na auga da Punta ao rexistrar niveis superiores aos recomendables de Escherichia coli, este venres indicou que unha nova análise mantén estes altos rexistros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo mantén a prohibición de bañarse na praia da Punta, situada no barrio de Teis, debido a que unha nova analítica volve detectar bacterias fecais na auga. Despois de que o pasado mércores o goberno local desaconsellase meterse na auga da Punta ao rexistrar niveis superiores aos recomendables de Escherichia coli, este venres indicou que unha nova análise mantén estes altos rexistros.

“Os servizos municipais volveron revisar tanto o funcionamento da depuradora como as redes de saneamento da cidade e, do mesmo xeito que nas comprobacións anteriores, non se detectou ningunha fuga nin incidencia no sistema de saneamento”, insistiu o Concello, que investiga as posibles causas. Por iso, volveranse a tomar mostras o vindeiro domingo, cuxos resultados se coñecerán o martes.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...