InicioSociedadeA Xunta e o Concello coordinarán actuacións para garantir a seguridade na...

A Xunta e o Concello coordinarán actuacións para garantir a seguridade na estación de autobuses

Así se acordou nunha reunión entre representantes das administracións autonómica e local, indicando o Executivo galego que actuará como administración titular da infraestrutura de transporte coa instalación dun peche.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia anunciou que coordinará co Concello de Vigo e coa Delegación do Goberno as actuacións necesarias para garantir a seguridade na contorna da estación de autobuses da cidade olívica, ante a presenza continuada de persoas sen fogar. Así se acordou nunha reunión entre representantes das administracións autonómica e local, indicando o Executivo galego que actuará como administración titular da infraestrutura de transporte coa instalación dun peche.

Con todo, pide apoio aos servizos municipais e á Policía Nacional. En concreto, lembrou ao goberno local que, conforme á normativa vixente, ten a competencia para a prestación de atención inmediata ás persoas sen fogar presenten na zona. “O Goberno galego asume a súa responsabilidade, como administración titular da infraestrutura, restrinxindo o acceso á zona para impedir usos inadecuados e contribuír a unha xestión máis eficiente das instalacións”, reivindicou a Xunta, que insiste en avisar ao Concello que lle corresponde a atención ás persoas en risco de exclusión social.

CONCELLO

Esta noticia non tardou en ter resposta do Concello. A conselleira Yolanda Aguiar mandou un audio aos medios de comunicación criticando a “deslealdade” da Xunta. “Apela a que son as entidades locais as que debemos facernos cargo das persoas sen fogar, o cal é radicalmente falso“, insistiu Aguiar, asegurando que o Concello ten a competencia da “atención inmediata” destas persoas, pero é o Goberno galego quen ten competencia “exclusiva” de acceso a unha vivenda digna.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...