InicioSucesosRetencións e tráfico lento na AP-9 á saída de Vigo tras unha...

Retencións e tráfico lento na AP-9 á saída de Vigo tras unha colisión entre polo menos cinco coches

Ningún dos condutores implicados resultou ferido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os túneles da Madroa da AP-9 volveron a ser o escenario dunha nova colisión en cadea que deixou tráfico lento e retencións na autoestrada á primeira hora da tarde deste venres. Segundo fontes do 112 Galicia consultadas por Europa Press, foi sobre as 15.35 horas cando se tivo constancia deste accidente, no que se viron involucrados un cinco coches.

En concreto, foi no punto quilométrico 154 da AP-9 en dirección Pontevedra e ningún dos condutores implicados resultou ferido. Ata alí desprazáronse a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada para auxiliar aos condutores e tratar de desatascar a vía, que a esta hora continúa con colas.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...