InicioPolíticaO Concello de Vigo foi este decembro o novo "campión" no pago...

O Concello de Vigo foi este decembro o novo “campión” no pago a proveedores de tódalas administracións de España

O Concello pagou de media na metade de tempo que a Xunta de Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concello de Vigo situouse no mes de decembro, “de novo”, á cabeza das administracións de España pola súa prema no pago a provedores, cunha media de 7,4 días de demora, é dicir, que paga “de forma inmediata”.

Así o trasladou en rolda de prensa o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, quen explicou que, segundo os datos que se fixeron públicos, o Concello volveu a estar á cabeza no pago aos provedores, coa mellor media “de toda España”.

O rexedor comparou esa media coa demora doutras administracións municipais, como os concellos da Coruña (54 días), Santiago (81 días), Ourense (112 días), Pontevedra (33 días), Málaga (23 días) ou Sevilla (49 días). Así mesmo, recalcou que o período medio de pago da Xunta é de 15 días, “e Vigo paga na metade de tempo”.

Abel Caballero, quen recordou que, no pasado ano, o Concello olívico pagou a provedores case 147 millóns de euros a través de 13.300 facturas, explicou que o período de pago de Vigo foise reducindo paulatinamente, pasando dos 12,2 días de outubro aos 7,4 do mes de decembro. “Síntome moi orgulloso deste logro, é unha forma de estimular a economía e o emprego”, proclamou.

ÚLTIMAS

Zona Franca e o CTAG alíanse para crear en Vigo un polo tecnolóxico de robots humanoides

O Consorcio Zona Franca de Vigo e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia...

Falece un mariñeiro e outro resulta ferido grave nun accidente no pesqueiro vigués ‘Novo Alborada’ en Irlanda

Un mariñeiro de nacionalidade marroquí faleceu e outro indonesio resultou ferido grave nun accidente...

O PP de Vigo tacha de “tomadura de pelo” os alugueiros de Casa47 pola falta de equipamento básico

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, tachou de "tomadura de pelo" o...

Fillas de Cassandra lanzará na primavera ‘Tertúlia’, o seu segundo disco

O dúo vigués Fillas de Cassandra anunciou que neste 2026 o grupo lanzará o...