InicioEconomíaA fábrica de semicondutores Sparc recibirá 6,2 millóns de incentivos do Goberno

A fábrica de semicondutores Sparc recibirá 6,2 millóns de incentivos do Goberno

O incentivo vai para o proxecto da fábrica de semicondutores que Sparc Foundry está a construír en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno aprobou, a través dun Acordo da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos (CDGAE) e dunha Orde do Ministerio de Facenda, a concesión de 6,2 millóns de euros de incentivos rexionais para o proxecto da fábrica de semicondutores que Sparc Foundry está a construír en Vigo.

O importe global supera os 281 millóns de euros e permitirá mobilizar un investimento total de máis de 1.163 millóns. Estes proxectos lograrán manter 22.849 postos de traballo nesas 97 empresas e crearán outros 2.743 novos empregos. No caso concreto de Galicia, Sparc recibirá 6,25 millóns, que mobilizarán máis de 56,8 millóns de euros de investimento e suporán a creación de 90 empregos e manter cinco postos de traballo.

O ministro de Facenda, Arcadi España, destacou a importancia destas axudas para avanzar “no equilibrio económico interterritorial e no crecemento económico inclusivo e sustentable”. Neste sentido, Arcadi España subliñou que o obxectivo dos incentivos é financiar proxectos de investimento produtivo, xeradores de emprego, tecnoloxicamente avanzados e medioambientalmente sustentables, fomentando a actividade económica nas rexións cun menor nivel de desenvolvemento e contribuíndo a pechar a brecha en termos de renda per cápita co resto de rexións, non só de España senón tamén da UE.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...