InicioPolíticaLuz verde ambiental da Xunta, con condicións, ao Plan Especial de Protección...

Luz verde ambiental da Xunta, con condicións, ao Plan Especial de Protección do ensanche histórico de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia publica este mércores o anuncio do informe ambiental emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático con respecto ao Plan Especial de Protección do ensanche histórico de Vigo, e que dá luz verde ao documento con condicións.

Así, o informe sinala que non son previsibles efectos ambientais adversos significativos, sempre que se cumpran unha serie de condicións relacionadas con aspectos arqueolóxicos, paisaxísticos, de zonificación acústica ou de mobilidade. Unha vez emitida a resolución, o informe ambiental foi remitido ao Concello de Vigo, xunto cos informes recibidos na fase de consultas previas.

O obxectivo do Plan é establecer a ordenación detallada do ensanche histórico de Vigo, un ámbito situado no centro urbano da cidade e cunha superficie de 60,5 hectáreas. No documento identifícanse sete pezas urbanas que presentan características homoxéneas e outras dúas áreas periféricas fortemente renovadas.

A proposta de ordenación prevé manter e recuperar como uso preferente o residencial, protexer e catalogar o patrimonio cultural, histórico-artístico e ambiental, e fomentar a rehabilitación de vivendas, ademais de preservar as actividades comerciais, de servizos e financeiras. Tamén se prevén medidas de “humanización” e peonalización, e outras para elevar os estándares de urbanización no relativo aos materiais e aos acabados.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...