InicioCulturaA Fundación Laxeiro expón unha serie de debuxos inéditos cunha gran forza...

A Fundación Laxeiro expón unha serie de debuxos inéditos cunha gran forza expresiva

Estas obras, polo seu estilo e técnica, parécense moito aos coñecidos como 'Monos' de Laxeiro, unha serie de 49 viñetas que o pintor publicou no Pobo Galego e Faro de Vigo entre 1928 e 1930.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sede da Fundación Laxeiro, na Casa das Artes de Vigo, expón desde este martes e ata o 20 de setembro a mostra ‘Laxeiro, as viñetas que non foron ao prelo’, na que se rescata un grupo de debuxos inéditos do artista. A mostra é resultado dun labor de investigación continuada por parte da Fundación, e serve para conmemorar o 30º aniversario do falecemento do pintor. Así, os debuxos reflicten a un Laxeiro novo, retornado da Habana, e totalmente integrado nas correntes internacionais das vangardas de entreguerras.

Estas obras, polo seu estilo e técnica, parécense moito aos coñecidos como ‘Monos’ de Laxeiro, unha serie de 49 viñetas que o pintor publicou no Pobo Galego e Faro de Vigo entre 1928 e 1930. De feito, esas viñetas xa foron expostas pola Fundación en 2018. Na exposición inaugurada este martes, os visitantes poderán coñecer obras que son o antecedente daquela serie, como demostra o feito de que, no reverso dalgunhas imaxes, o autor escribiu diálogos entre os personaxes.

En calquera caso, e á marxe da finalidade dos debuxos, a Fundación destacou o “indiscutible interese histórico, narrativo, plástico e estético” das obras, relevante para o estudo e coñecemento da obra de Laxeiro. Tamén destacou que, a pesar da mocidade do artista cando fixo estas viñetas, xa se observa que “se decanta por unha obra radical, de gran forza expresiva e unha temática centrada na peripecia humana, principalmente en escenas populares”.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...