InicioPolíticaO presidente das Novas Xeracións do PP visita Vigo e pide de...

O presidente das Novas Xeracións do PP visita Vigo e pide de regalo de reis “un avión para Pedro Sánchez”

Tamén pediu o Age of Empires e un xogo dos Sims para Caballero "para que poda entreterse sendo un emperador, que é o que lle gusta".

PUBLICADO O

- Advertisement -

As Novas Xeracións do Partido Popular veñen de realizar un acto simbólico este venres en todas as comunidades autónomas, botando ás caixas de correos unha singular carta aos Reis Meigos, na que lles piden “un avión para Pedro Sánchez, porque lle encantan” e, se cadra así “convoca eleccións e pódese elixir outro presidente”.

O presidente das Novas Xeracións do PP para toda España, Diego Gago, compareceu ante os medios en Vigo, fronte á sede central de Correos, onde tamén botou á caixa de correos a carta dirixida ás súas Maxestades de Oriente.

Na misiva, a organización xuvenil do PP sinala que o presidente do Goberno “foi un pouco malo: botouse novos amigos, que non fan máis que falar de independencia e de subir os impostos”. “Ademais, non lle gustan nada de nada os Reis”, continúa a carta.

Por iso, e “aínda que se merece carbón”, pediron aos Reis Meigos que lle traian un avión grande”, porque lle encantan os avións”. Así, ironizaron co uso que fai Sánchez do avión oficial “para ir de concerto, para ir ás vodas familiares, ou para ir de vacacións a Canarias”. “Cremos que se lle traedes un se cadra convoca as eleccións e podemos elixir outro presidente”, sinalan NNGG na súa carta.

AGASALLOS PARA ABEL CABALLERO

Pola súa banda, a presidenta de NNGG de Vigo, Rocío Fernández, tamén botou á caixa de correos unha carta para pedir aos Reyes de Oriente algúns agasallos para o alcalde da cidade, Abel Caballero.

Así, tras recordar, segundo o seu punto de vista, que a cidade olívica deixou de ser referente e “punteira” en distintos ámbitos polas políticas do actual goberno municipal, e que o alcalde socialista “está sempre enfadado cos que non son de Vigo”, pediu para o rexedor o xogo ‘Age of Empires’ “para que poida entreterse xogando a ser emperador, que é o que lle gusta”.

Se non poden traerlle ese xogo, Novas Xeracións propón que lle regalen ‘Sims City’, e poida quedar “na súa casa coas súas amiguitos xogando a ter a súa propia cidade e deixando de utilizar Vigo na vida real”.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...