InicioEconomíaO Porto de Vigo permite a Estaleiros San Enrique seguir coa actividade...

O Porto de Vigo permite a Estaleiros San Enrique seguir coa actividade mentres se resolven as súas alegacións

O presidente da dársena lembra que a concesión está extinguida por caducidade e evita concretar o futuro uso das instalacións de Teis.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello de Administración do Porto de Vigo acordou permitir a Estaleiros San Enrique (antiga Vulcano) continuar coa súa actividade nas instalacións do barrio de Teis mentres non se resolven as alegacións presentadas pola empresa, coas que pretende revogar a caducidade da concesión administrativa.

A concesión outorgada a San Enrique en febreiro de 2022 estaba vinculada ao cumprimento dunha serie de requisitos. Así, a empresa concesionaria, pertencente ao grupo Marina Meridional, tiña un prazo de dous anos para acometer os investimentos comprometidos, que ascendían a 1,8 millóns de euros. Porén, o pasado mes de xaneiro, o Consello de Administración acordou a extinción por caducidade da concesión. No seu momento, a Autoridade Portuaria defendeu que ese expediente se tramitou conforme á estrita legalidade e que contaba con todos os informes preceptivos.

Pola súa banda, a empresa tachou de desproporcionada a decisión e reclamou pospoñer a tramitación da caducidade, defendendo as súas cifras de emprego e a actividade que mantén nos estaleiros.

Este venres, o presidente do Porto, cuestionado polos medios de comunicación acerca da situación, informou de que o Consello optou por permitir a continuidade dos traballos en tanto non se resolven as alegacións e recursos da firma, pero insistiu en que a concesión está actualmente “caducada”. “Agora ábrese un marco de futuro; o pasado, pasado está”, incidiu o responsable portuario, quen evitou referirse aos futuros usos que poderán ter estas instalacións se finalmente se confirma a marcha de San Enrique.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...