InicioCulturaMiriam Rodríguez protagoniza este domingo en Vigo a festa de presentación do...

Miriam Rodríguez protagoniza este domingo en Vigo a festa de presentación do Galicia Fest

O Centro Comercial Vialia acollerá o concerto e unha sesión de DJ como preludio do festival, que reunirá a máis de doce artistas no peirao de Trasatlánticos en xuño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A segunda edición do Galicia Fest, que terá lugar no peirao de Trasatlánticos de Vigo os días 26 e 27 de xuño, quenta motores cunha festa de presentación de Miriam Rodríguez este domingo no Centro Comercial Vialia.

O evento inicia así a conta atrás e, como preludio, celebra o domingo unha festa coa actuación en directo de Miriam Rodríguez e cunha sesión DJ a partir das 19.00 horas. Durante a festa, concibida como un adianto do festival, ademais de música, haberá sorteo de agasallos, como cartóns regalo, termos, totebags e ‘merchandising’ do Galicia Fest.

A cita musical de xuño, enmarcada nos concertos do Xacobeo, reunirá en Vigo unha ampla variedade de artistas como Coti, Maryland, Miriam Rodríguez, Pablo Lesuit, Sabela, Álvaro de Luna, Juan Magán, Lori Meyers, Taburete, Carla Lourdes, Fredi Leis, Marlena e Vera Fauna. Tamén contará co espectáculo de La Reina del Flow.

ÚLTIMAS

Vigo rexistrou nas últimas semanas varias denuncias por estafas

A Policía Nacional alertou de novos casos de estafa a través de supostas plataformas...

Caballero segue sen adherirse ao convenio para a xestión dos incendios

O PP de Vigo instou este venres ao goberno municipal de Abel Caballero a...

Vigo pide ao Goberno unha nova axuda para financiar o bus urbano e Caballero carga contra a Xunta: “Achega 0”

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este venres solicitar á Dirección Xeral...

A realidade virtual convértese en aliada contra as secuelas do cancro infantil nun pioneiro estudo en Vigo

A tecnoloxía de vangarda abre novas vías para mellorar a calidade de vida dos...