InicioSociedadeCaballero sobre as luces de Nadal: "Viñeron visitantes de New York, Tokio,...

Caballero sobre as luces de Nadal: “Viñeron visitantes de New York, Tokio, París e Londres”

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este xoves que en atención ás demandas dos cidadáns, dos empresarios e dos comerciantes, a iluminación do Nadal manterase acendido ata o 13 de xaneiro, cando se realizará un acto de “apagado solemne”, tras dous meses “dun éxito visible”.

En declaracións aos medios, o rexedor olívico trasladou a súa determinación de que quede fixado definitivamente o calendario da iluminación de Nadal, de maneira que todos os anos se acenderá o cuarto sábado de novembro e apagarase o segundo domingo de xaneiro do ano seguinte.

O alcalde volveu a celebrar o éxito da iluminación, e a masiva afluencia de visitantes á cidade, incluso entre semana. Así, segundo asegurou, fixéronse “ducias de miles de fotos” con familias vindas de toda Galicia e de toda España, e tamén apuntou a presenza de visitantes de “New York, Tokio, París e Londres”.

“Fomos un lugar de atracción e é importante, primeiro pola nosa felicidade, pero tamén polo que significa para a economía”, proclamou Caballero, quen engadiu que “houbo que neutralizar o intento de Feijóo de ir contra Vigo” e atacar a iluminación.

DISPOSITIVO DE TRÁFICO

Por outra banda, o alcalde volveu a recordar o dispositivo de tráfico con motivo da Cabalgata dos Reis Magos, que sairá o vindeiro sábado ás 18.00 horas do cruzamento de Isaac Peral e será “a mellor do mundo”.

O sábado prohibirase aparcar durante todo o percorrido do desfile (García Barbón-Policarpo Sanz-Porta do Sol) e, a partir das 9,00 horas, ocuparase un carril de circulación para a instalación dos valos.

A partir das 15,00 horas cortarase o tráfico entre Sanjurjo Badía e Isaac Peral para a preparación da comitiva; e desde as 17,00 horas a restrición do tráfico rodado será total en todo o percorrido, incluído Cachamuíña e a subida ao Concello por Falperra.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...