InicioSociedadeVigo aproba a reforma integral do mercado de Teis por máis de...

Vigo aproba a reforma integral do mercado de Teis por máis de 1,8 millóns de euros

O Concello prevé un prazo de execución de sete meses para acometer a transformación de pavimentos, iluminación e accesos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno de Vigo aprobará este venres a reforma integral do mercado de Teis, que suporá un investimento de máis de 1,86 millóns de euros, segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero. O Concello acometerá esta “transformación” nun prazo de sete meses, despois de que a xunta de goberno local valide o proxecto básico e de execución na súa sesión deste venres.

A actuación prevé a renovación do pavimento principal, do sistema de recollida de auga e do saneamento. Así mesmo, o proxecto inclúe reparacións e pintados, a substitución de toda a iluminación e a demolición e construción de novas escaleiras, entre outros traballos estruturais. No que respecta ao exterior do edificio, os operarios repararán as paredes, as xanelas e as portas, e abrirán novos espazos para crear accesos directos desde a rúa á cafetaría do mercado.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...