InicioEconomíaO Concello de Vigo destinará 2,5 millóns para asfaltar 40 vías municipais

O Concello de Vigo destinará 2,5 millóns para asfaltar 40 vías municipais

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo investirá 2,5 millóns de euros en mellorar o asfaltado de 40 vías municipais, segundo informou o alcalde, Abel Caballero, nun audio enviado aos medios de comunicación.

O rexedor subliñou que este luns a xunta de goberno local deu o visto e prace aos proxectos, polo que agora levará a cabo a licitación, esperando que o inicio das obras poida realizarse a finais de verán, con catro meses de execución dos traballos.

Segundo dixo, estas melloras afectarán a “moitas vías” do centro urbano de Vigo, mellorando e reformando unhas 40 rúas, incluíndo Pizarro, Martín Echegaray, Paraguai, Santander, Zaragoza, Chile, A Estrada ou Vázquez Varela, entre moitas outras.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...