InicioSucesosInterceptados drogados dous condutores de patinetes eléctricos en Vigo

Interceptados drogados dous condutores de patinetes eléctricos en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo interceptaron nos últimos días a dous condutores de patinetes eléctricos que circulaban baixo os efectos das drogas, e que foron identificados en controis rutineiros. Segundo informaron fontes policiais, un dos denunciados, un home de 57 anos de idade, foi interceptado na Baixada a Ríos e deu positivo en opiáceos, anfetaminas, metanfetaminas e cocaína.

O segundo denunciado, un home de 42 anos, foi interceptado cando circulaba pola rúa Torrecedeira, e deu positivo para cocaína na proba de tóxicos. En ambos os casos, os vehículos foron inmobilizados ata que outras persoas puideron facer cargo deles. Os condutores foron propostos para sanción.

A Policía Local  lembrou que todo condutor de VMP (Vehículos de Mobilidade Persoal) está suxeito á normativa de seguridade viaria e está obrigado a someter ás probas de alcol e drogas cando sexan requiridos polos axentes da autoridade.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...