InicioDeportesInvestigan aos causantes de picar as rodas de máis de dez coches...

Investigan aos causantes de picar as rodas de máis de dez coches alugados por seguidores do Lyon

¡

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional mantén aberta a investigación polos incidentes que rodearon a disputa do partido, este xoves, entre Real Club Celta e Olympique de Lyon e, tras a detención dun membro do grupo Tropas de Breogán, presuntamente implicado nun ataque a afeccionados franceses, agora investiga tamén a aparición de varios vehículos coas rodas picadas, coches que foron alugados polos seguidores do Lyon para desprazarse a Vigo.

Os coches danados estaban estacionados na zona das Travesas, e trátase de vehículos con matrícula portuguesa, que foron alugados polos seguidores do equipo francés, que chegarían á cidade procedentes do aeroporto luso do Porto. Fontes policiais sinalaron que se trata de polo menos unha decena de coches e, de varios deles, hai constancia de que foron alugados por seareiras do Lyon, aínda que se segue investigando e poderían ser máis.

Con respecto á pelexa multitudinaria do pasado mércores, a Policía confirmaba nas últimas horas a detención dun home, membro das Tropas de Breogán, pola súa implicación no ataque a un grupo de seguidores franceses nun establecemento hostaleiro da rúa Areal. Sobre as 23.30 horas do mércores un grupo de encapuchados, armados por paus e tubos, presentouse no local, onde estaban os visitantes, e emprendérona a golpes, causando feridas a varias persoas (polo menos unha foi trasladada a un centro médico) e danos no local. A Policía identificou a unha vintena de persoas e hai un detido, aínda que non se descartan novos arrestos nas próximas horas.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...