InicioVigo e contornaRedondelaFalece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

O veciño de Redondela utilizaba un guindastre para dirixir a caída do exemplar cando se produciu o fatal accidente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado ao caerlle encima unha árbore que tallaba nunha leira do municipio pontevedrés de Soutomaior. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o home utilizaba un guindastre para tratar de dirixir a caída da árbore que cortaba, pero malia esta precaución o exemplar acabou caéndolle encima.

Foron os servizos de Urxencias Sanitarias os que deron o aviso sobre as 9:50 horas da mañá. Ata o lugar do suceso desprazáronse de inmediato efectivos da Garda Civil, Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea e tamén de Protección Civil de Redondela, que nada puideron facer por salvar a vida do home.

ÚLTIMAS

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...