InicioMovementos SociaisAumenta a tensión entre a dirección e os sindicatos de Povisa, que...

Aumenta a tensión entre a dirección e os sindicatos de Povisa, que se opoñen a acordos laborais á baixa

A pesar do novo concerto entre o Sergas e o Hospital, as negociacións e o conflito non remataron en Povisa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección do hospital Povisa de Vigo anuncioulle este venres ao comité de empresa a súa intención de negociar un novo convenio colectivo que reduza os salarios dos traballadores que se incorporen ao centro sanitario no futuro.

Pola súa banda, dende a CIG veñen de anunciar en rolda de prensa que se oporán a calquera intento de “precarizar aínda máis as condicións laborais do cadro de persoal” e que farán “o que sexa necesario” para evitalo.

Segundo os sindicatos, a razón esgrimida pola dirección de Povisa é que os empregados vigueses cobran máis que o persoal doutros hospitais privados, situación que ao seu xuízo “non se pode manter”. A voceira da CIG, María Xesús Neira, rexeitou este argumento e anunciou que se oporán a calquera intento da empresa de rebaixar os soldos.

Os plans da compañía fóronlle trasladados ao comité este venres mesmo no transcurso da xuntanza mantida coa xerente e co director xeral para abordar o recente acordo entre Povisa e o Sergas, que segundo a empresa permitirá retirar o preconcurso de acredores anunciado recentemente. “Aseguraron que é necesario realizar axustes, xa que na súa opinión os traballadores temos moitos días libres por convenio”, indicou Neira.

Povisa/ Miguel Núñez

Neste senso, denunciou que o cadro de persoal vai quedar fóra deste acordo, xa que a súa situación laboral non só non vai mellorar senón que vai empeorar. “Van ter o seu concerto, que non vai ser tan malo e que lles vai permitir obter beneficios, mentres nós imos estar máis precarizados”. Ao mesmo tempo, amosou a súa preocupación pola posibilidade de que finalmente se poidan producir despedimentos, xa que “ninguén nos asegura o contrario”.

Na reunión vivíronse momentos de tensión cando a representante da CIG asegurou non crer as afirmacións do director xeral de Povisa no sentido de que o acordo co Sergas se asinou no último momento, e que até dous días antes a intención da empresa era presentar un concurso de acredores.

Ademais, Neira quixo deixar claro que a central non vai negociar ningún acordo laboral á baixa nin vai renunciar aos días festivos que establece o actual convenio. Despois disto o director xeral amosou o seu enfado e abandonou a xuntanza.

ÚLTIMAS

Un exempregado dunha oficina de Abanca en Vigo acepta 2 anos de cárcere por apropiarse de 139.000 euros dunha clienta

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a penas...

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...