O temporal que afecta a Galicia nesta xornada motivou que un voo Air Europa que cubría o traxecto entre Madrid e Vigo tivese que regresar á capital estatal. Fontes de Aena explicaron a Europa Press que este avión que tiña previsto aterrar en Vigo na mañá deste xoves foi desviado a Madrid. Ademais, na xornada do mércores, un voo comercial, un Binter que enlazaba Gran Canaria e Vigo, foi desviado a Santiago de Compostela.
AFECTACIÓN AO TRANSPORTE MARÍTIMO
O temporal que se rexistra en Galicia tamén provocou incidencias no transporte marítimo. Así, ante as predicións meteorolóxicas adversas, navieiras como Mar de Ons informaron de que o servizo regular entre Cangas e Vigo prestarase cada 30 minutos para adecuar a velocidade dos buques ás inclemencias meteorolóxicas entre as 07,00 e as 10:00 horas.
