InicioPolíticaVigo pide o cesamento da conselleira de Medio Ambiente pola súa "irresponsable...

Vigo pide o cesamento da conselleira de Medio Ambiente pola súa “irresponsable xestión” da presa de Eiras

O PP pide aos socialistas que "asuman erros propios" e "deixen de culpar sempre a outros"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno de Vigo aprobou, cos votos a favor dos socialistas e a abstención do BNG, unha moción que solicita o cesamento da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, pola súa “irresponsable xestión” da presa de Eiras.

A iniciativa, presentada polo PSOE, foi defendida por Javier Pardo, quen relatou a situación vivida tras coñecerse a deterioración de dúas válvulas da denominada presa. “Unha das válvulas fallou en abril deste ano, fai oito mes. Outra válvula en outubro. A día de hoxe, seguen sen cambiarse“, criticou, apuntando a que é a Xunta a que se encarga desde 2023 da conservación e o mantemento de Eiras.

Tras el, falou o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, quen lamentou que o Goberno galego coñecese hai meses a situación e “non fixese nada”; acusando á Xunta de crear unha “alarma irresponsable” que á súa vez desembocou en “un novo episodio da permanente tira e afrouxa partidista de reproches e acusacións cruzadas” entre Xunta e Concello de Vigo.

Desde o PP, Fernando González Abeijón asegurou que esta moción é froito da “obsesión permanente” do alcalde, Abel Caballero, por cargar contra o Executivo autonómico. Unha obsesión que, segundo dixo, acaban “pagando os vigueses”. Ao seu xuízo, as válvulas estaban deterioradas pola ausencia de mantemento preventivo que debería levar a cabo o Concello, que é quen as manipula. “Menos mocións teatrais, menos culpar sempre a outros e máis asumir erros propios”, reivindicou.

A pesar de todo, a iniciativa saíu adiante co ‘si’ do PSOE, o ‘non’ do PP e a abstención do BNG.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...