InicioSucesosTrasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con queimaduras, nun incendio ocasionado no interior da súa vivenda, situada no barrio de Lavadores. Segundo informa o 112 Galicia, os equipos de emerxencia sitúan a súa orixe na explosión dun fornillo de gas. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) recibiu o aviso ao redor das 07.00 horas deste domingo, cando un particular alertou de que estaba a arder a planta baixa da casa dunha veciña.

A continuación, a sala de operación informou os Bombeiros de Vigo, así como aos axentes da Policía Nacional e Local. Ademais, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou unha ambulancia ata o lugar do suceso.

Unha vez finalizada a intervención, os equipos de emerxencia indicaron que o incendio tivo a súa orixe na explosión dun fornillo de gas, que provocou danos na cociña da vivenda e causou diversas queimaduras á propietaria, que necesitou traslado hospitalario.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...