InicioEconomíaTensión coa Garda Civil na folga polas condicións "indignas" de Amazon

Tensión coa Garda Civil na folga polas condicións “indignas” de Amazon

Traballadores tentaron evitar a saída de furgóns de reparto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Decenas de empregados do centro loxístico de Amazon no Porriño manifestáronse na mañá deste martes ás portas da nave da empresa nunha xornada de folga para protestar polas súas condicións laborais “indignas” e a “sobrecarga” de traballo. A concentración levouse a cabo a partir das 10.00 horas nas instalacións de Amazon no polígono da Granxa, onde se produciron algúns momentos de tensión cando saían furgóns de repartición do seu interior, provocando que a Garda Civil tivese que intervir.

O comité de empresa, onde a CIG é maioritaria, criticou que a firma abusa da contratación parcial e fixa descontinua, e incorre en incumprimentos en materia de prevención de riscos. O sindicato denunciou ritmos de traballo “excesivos” pola “sobrecarga” derivada da falta de persoal, incumprimentos en seguridade e saúde laboral, contratación precaria ou xornadas en domingo “sen remuneración”.

Ademais, sinalou que a empresa coñece estas circunstancias pero “leva meses” sen atender as demandas dos representantes dos traballadores e sen achegar solucións. Para a CIG, a empresa, que “obtén ano tras ano beneficios millonarios”, é “un claro exemplo de precarización e explotación laboral”. “O seu modelo de negocio vai ligado precisamente a unhas condicións de traballo indignas, na perversa lóxica de ‘canto máis roubo, máis gaño'”, denunciou o sindicato nacionalista.

A EMPRESA DI QUE TRABALLAN NUNHA “CONTORNA SEGURA”

Pola súa banda, Amazon defendeu as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño, reivindicado que os seus empregados traballan nunha contorna “moderna e segura, con salarios e beneficios competitivos”. En concreto, fontes da compañía subliñaron que os salarios que ofrece a empresa están por encima do convenio colectivo provincial do sector loxístico, cun salario de entrada de máis de 1.500 euros brutos mensuais “e beneficios valorados en miles de euros anuais como o seguro médico privado, seguro de vida, plans de pensións ou permiso parental ampliado e retribuído”.

“Doutra banda, as persoas traballadoras de Amazon contan con oportunidades sólidas de desenvolvemento profesional e promoción interna”, engadiron as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo promete “o maior cadro de bombeiros da súa historia” no outono ante críticas por “falta de persoal”

O goberno de Vigo asegurou que o Concello está a incorporar novos profesionais de...

Os traballadores de Lugove manteñen a folga e acusan a empresa de rexeitar a negociación

O conflito laboral en Lugove, concesionaria do transporte público interurbano que conecta Vigo co...

Peinador “non vai tan mal” di Abel Caballero que reclama as mesmas axudas que recibe Santiago

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que Peinador "non vai tan...

Mantense a prohibición de baño na praia da Punta tras unha nova analítica

O Concello de Vigo mantén a prohibición de bañarse na praia da Punta, situada...