InicioEconomíaStellantis propón ampliar o ERTE ata 2026; os sindicatos rexeitan a medida

Stellantis propón ampliar o ERTE ata 2026; os sindicatos rexeitan a medida

A dirección da planta de Vigo expón ampliar a regulación en 50 días, prorrogables a 25 máis, ata decembro de 2026.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección da planta de Stellantis Vigo propuxo aos sindicatos a ampliación do Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) en 50 días, prorrogables a outros 25, estendendo a medida ata decembro de 2026.

A pesar de que a empresa non consumiu os días de regulación deste ano, a proposta foi rexeitada por sindicatos como CC.OO. e CUT. A CUT criticou que a compañía pretenda apoiar a súa organización e os seus picos produtivos nos recursos públicos e nas prestacións dos traballadores, cando á vez presenta un calendario de alta produción e xornadas especiais.

Na reunión tamén se acordou a planificación de 15 días de parada total en agosto de 2026 e a modificación do sistema de quendas en ferrallaxe debido ao aumento da demanda de furgonetas.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...