InicioSociedadeO Concello de Vigo declara deserto o concurso para a atención psicolóxica...

O Concello de Vigo declara deserto o concurso para a atención psicolóxica a fillos de vítimas de violencia de xénero

A única licitadora admitida non entregou a documentación requirida correctamente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local de Vigo acordou este venres declarar deserto o concurso convocado para contratar a atención psicolóxica para fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero, segundo confirmaron fontes municipais.

As mesmas fontes informaron de que a única licitadora que se presentou ao concurso e que foi admitida no procedemento, “non atendeu correctamente ao requirimento de entrega da documentación”, polo que o trámite foi declarado deserto.

Con todo, insistiron desde o Concello en garantir o servizo que se está prestando, “igualmente e nas mesmas condicións”. “E así continuará ata que se licite o contrato de novo”, aseguraron desde o goberno municipal vigués.

ÚLTIMAS

Un cargueiro á deriva fronte a Portugal é remolcado a Vigo tras quedar sen temón

O cargueiro Xeral Eikborg, de bandeira neerlandesa, está a ser remolcado este venres ata...

O Porto de Vigo retira os terreos do antigo Vulcano a Estaleiros San Enrique tras caducar a súa concesión

O consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo resolveu por unanimidade o expediente...

Mos ameaza con ir aos tribunais polo abandono da A-55 e da N-550

A xunta de goberno local de Mos aprobou este venres a formulación dun requirimento...

Sanidade garante a atención aos usuarios de Povisa e abre unha investigación polas denuncias de falta de médicos

A Consellería de Sanidade reiterou este venres que os usuarios do hospital vigués Hospital...