InicioVigo e contornaVigoRecurso do goberno de Vigo pola anulación das liquidacións pola subministración de...

Recurso do goberno de Vigo pola anulación das liquidacións pola subministración de auga a Porriño

O goberno municipal de Vigo recorrerá esa resolución en apelación, "en defensa do interese público da cidade", e insiste en que o Consistorio porriñés debe á cidade máis de 6 millóns de euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo confirmou este xoves que recorrerá a sentenza do contencioso administrativo que anulou o acordo plenario no que actualizaron as cantidades que o Concello olívico quere cobrar ao do Porriño por custos e mantemento da presa de Eiras e polo mantemento da canle de subministración de auga.

Nun comunicado, o goberno vigués matizou que a resolución (que derivou noutra sentenza de anulación das liquidacións de 2023) do xulgado “lexitima a esixencia de cobro” por parte do Concello de Vigo, polos custos dunhas infraestruturas hidráulicas “das que se beneficia O Porriño e custea integramente Vigo”.

Así, matiza que o xuíz non nega a Vigo a competencia para cobrar e mesmo recoñece “explicitamente” que O Porriño debe máis de 5 millóns de euros á administración local viguesa, aínda que admite o recurso contencioso “ao entender que existe falta de xustificación da motivación, ao non haberse explicitado no expediente toda a documentación (facturas) que dá soporte aos gastos que se lle esixen”.

Segundo recolle a sentenza, “o Concello do Porriño, despois do que se expuxo en relación á cantidade de pronunciamentos xudiciais que recaeron en relación a esta controversia, todos eles desfavorables aos seus intereses, non pode negar a maior e seguir sostendo, como fai, que a demandada carece de título para esixirlle nada”.

O goberno municipal vigués subliña que o xuíz acredita os investimentos realizados polo Concello olívico nesas infraestruturas hidráulicas e que o propio perito do Concello do Porriño recoñece que o cálculo da repercusión proporcional deses custos é correcta.

Por todo iso, confirmou que o Concello de Vigo recorrerá esa resolución en apelación, “en defensa do interese público da cidade”, e insiste en que o Consistorio porriñés debe á cidade máis de 6 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...