InicioEconomíaComezan as obras do VgoTIC Global HUB da rúa López Moura por...

Comezan as obras do VgoTIC Global HUB da rúa López Moura por parte de Zona Franca

"Este proxecto é unha das nosas grandes prioridades, que nos reafirma como polo tecnolóxico de máximo nivel" sinalou o delegado da Zona Franca, David Regades

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, e o alcalde e presidente do pleno do organismo, Abel Caballero, visitaron este mércores o inicio das obras de reforma do complexo de edificios de López Moura, que albergará o futuro VgoTIC Global HUB.

Estes traballos darán lugar ao “centro tecnolóxico máis relevante de Galicia”, segundo sinalou a Zona Franca nun comunicado, no que confirmou que o Concello de Vigo confirmou esta mesma semana a licenza de obras. Deste xeito, este mércores comezaron os preparativos para o proceso de demolición do primeiro do catro edificios que conforman o complexo.

Trátase do Edificio 3, onde se instalará a Incubadora de Alta Tecnoloxía StartTIC, cun financiamento europeo de 3,5 millóns de euros, e que o Consorcio da Zona Franca xestionará co centro tecnolóxico Gradiant e a Cámara de Comercio como socios.

A previsión é que a demolición estea culminada a próxima primavera e, a continuación levará a cabo a demolición do resto de inmobles, onde estarán, entre outros servizos, o Centro de Negocios e Usos Múltiples, e o Centro de Excelencia Aeroespacial e de Defensa de INDRA.

Tanto Regades como Abel Caballero explicaron que o proceso continuará nos próximos meses, coa licitación das obras e a execución do proxecto construtivo, asinado pola arquitecta Carme Pinós (Premio Nacional de Arquitectura 2021).

“Este proxecto é unha das nosas grandes prioridades, que nos reafirma como polo tecnolóxico de máximo nivel e que, ademais, abrirá á cidade un espazo ata agora pechado á xente que será un punto de encontro froito desta transformación urbana”, subliñou David Regades.

Pola súa banda, o rexedor olívico puxo en valor “a total rexeneración de todos os edificios, as notables melloras arquitectónicas que se van a implementar, a nova praza pública que vai gañar a cidadanía e a localización de alta tecnoloxía en Vigo”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...