InicioEconomíaA Xunta proxecta iniciar a construción de 2.300 vivendas no Ofimático de...

A Xunta proxecta iniciar a construción de 2.300 vivendas no Ofimático de Vigo para o 2028

"Non son palabras, son feitos", reivindicou a conselleira, que explicou que o 25% das vivendas irá parar á venda para menores de 36 anos e un 40% para aluguer a esta franxa de idade

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia prevé iniciar en 2028 as obras de urbanización para a construción de 2.300 vivendas na zona do Ofimático de Vigo, na contorna da antiga estación de buses da Avenida de Madrid.

Así o sinalou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, nun encontro levado a cabo este venres na cidade olívica cos medios de comunicación e representantes do sector.

A responsable do Executivo autonómico debullou que a súa carteira planifica unhas 5.300 vivendas na cidade, incluíndo 1.600 no barrio de San Paio de Navia, das cales máis de 900 xa están en marcha.

Os 3.700 restantes estarán en dous novos ámbitos situados en Ramón Neto (unhas 1.400) e no Ofimático (2.300). Sobre estas últimas, a Xunta espera ter finalizado a principios de 2028 todas as xestións e trámites necesarios, incluíndo a expropiación dos terreos, para poder arrincar as obras de urbanización e posterior construción nesa data.

Tal como subliñou Allegue, que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, e o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García, o Goberno galego ten comprometido un investimento de 248 millóns de euros para Vigo, dos cales 134 millóns xa están executados.

NAVIA

En Navia, no polígono 1 a Xunta xa ten en marcha a construción de 240 novas vivendas e 43 están en redacción de proxecto, mentres que se está realizando a urbanización do polígono 2 se e a redacción do proxecto para 557 vivendas. Ademais, está en previsión o polígono 3, que completará a ampliación do barrio.

Allegue puxo en valor o pulo que o Goberno galego está a dar ás técnicas industrializadas de construción, que permiten acurtar prazos, mellorar a calidade e reducir o impacto ambiental, segundo dixo.

“Non son palabras, son feitos”, reivindicou a conselleira, que explicou que o 25% das vivendas irá parar á venda para menores de 36 anos e un 40% para aluguer a esta franxa de idade.

“Representan unha oportunidade real para os mozos vigueses, tanto para quen quere independizarse como para quen traballa na cidade e busca un fogar accesible”, sentenciou.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...