InicioPolíticaLuz verde definitiva á modificación de crédito por 72 millóns en Vigo...

Luz verde definitiva á modificación de crédito por 72 millóns en Vigo co voto en contra de BNG e PPdeG

Os fondos destinaranse a política de vivenda, humanizacións ou melloras en dotacións municipais, entre outras accións

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou este xoves, nunha sesión extraordinaria, unha modificación de crédito por valor duns 72 millóns de euros procedentes de remanentes que se destinarán a diferentes actuacións.

Así o explicou o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, que destacou que este incremento orzamentario servirá para “resolver un dos principais problemas de Vigo, que é a vivenda”, para atender as necesidades dos centros educativos, mellorar instalacións deportivas ou “continuar a política de humanizacións”, ademais de para axudas sociais ou melloras en parroquias.

Na mesma liña, o portavoz do grupo socialista, Carlos López Font, cualificou este día de “histórico” porque permitirá á cidade “continuar avanzando”, e afeou á oposición que rexeite as actuacións previstas. “Como vos van votar?”, ironizou. O edil socialista ha ido máis aló, e referiuse ao “legado” que Abel Caballero está a deixar en Vigo e que agrupou en dous eixos: as obras e “o concepto de autoestima, o orgullo de ser vigués”. Fronte a isto, acusou ao PP de seguir os ditados da Xunta, e ao BNG reprochoulle que o seu discurso garda “certas similitudes” co de Vox.

CRÍTICAS DA OPOSICIÓN

A concelleira do grupo do PP, Luisa Sánchez, afeou ao goberno local que non aceptase “nin unha soa achega”, nin dos grupos da oposición nin de ningunha entidade, para decidir o destino destes 72 millóns de euros, e advertiu de que as actuacións anunciadas non teñen “planificación coñecida”. Respecto diso, subliñou que “xa se sabe como funciona o modelo de xestión” do goberno local, con só un terzo do orzamento executado a metade de ano. “Nin sequera están a gastar o xa aprobado, e lánzanse a aprobar novas incorporacións ao orzamento”, sinalou, e cualificou os anuncios do goberno como “propaganda”.

Pola súa banda, o portavoz do grupo municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, referiuse a este pleno como un exemplo de “negacionismo orzamentario”, ao rexeitar o goberno municipal todas as propostas de gasto feitas desde o BNG para “atender as necesidades reais dos cidadáns”. “A súa xordeira autoritaria di ‘non’ a todo o que se salga do seu guión de propaganda, de parque temático“, lamentou o concelleiro nacionalista, que afeou a Caballero e o seu equipo o seu “ombliguismo” e a súa “política de aquí mando eu”.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...